Traslatio,O Camiño polo mar de Arousa

A Traslatio é unha ruta de peregrinación marítima que percorreremos en kaiak pola costa norte da Ría de Arousa, de Aguiño ata Padrón. Seguiremos o único Viacrucis Fluvial do mundo, que rememora a chegada do Apóstolo Santiago a Padrón, onde emprenderemos dúas etapas a pe ata Santiago de Compostela, uníndonos ao camiño portugués. Tamén coñeceremos a actividade da Ría de Arousa nunha ruta en lancha rápida, visitando os principais illotes e descubrindo os segredos das artes pesqueiras.