Este concurso ten por finalidade potenciar o desenvolvemento e a comercialización da industria turística e proxectar os produtos de maior calidade no marco do turismo activo.
7 de enero de 2019. – Galicia Destino Activo presentou a súa candidatura ao XXIV Concurso de Turismo Activo FITUR 2019 que se fallará no contexto da Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid do 23 ao 27 de xaneiro. O Clúster de Turismo de Galicia acudirá como coexpositor da man da Axencia de Turismo de Galicia a este evento, a primeira feira internacional do ano para o sector turístico galego.
A marca impulsada polo Clúster Turismo de Galicia para promocionar o turismo activo no noso territorio preséntase a este concurso como proxecto, coincidindo coa presentación oficial dos novos materiais que se estiveron desenvolvendo durante 2018, tanto para a marca en xeral como para os produtos desenvolvidos neste contexto vinculados ao turismo náutico, ao Camiño de Santiago, ao turismo activo ou cultural, entre outras.
Este concurso está a supor xa unha gran oportunidade para a creación de impactos no público obxectivo do proxecto por ser difundido a través de redes de comunicación relativas a esta feira por medio da Revista Aire Libre. Ademais, o produto gañador deste concurso obterá unha gran repercusión en medios dirixidos a axentes de comercialización de todas as partes do mundo.
A votación está aberta ao público xeral e termina o día 13 de febreiro. Pódese acceder á convocatoria a través da páxina web da Revista Aire Libre ou ben a través da seguinte ligazón. Os produtos gañadores serán anunciados o próximo 17 de xaneiro.
Galicia Destino Activo
Galicia Destino Activo é a marca de referencia de promoción do turismo activo de Galicia, que naceu en 2015 a partir do concurso de ideas do Clúster de Turismo de Galicia e que desde ese momento está a activar a promoción desta disciplina en mercados exteriores. Para o es o Clúster conta co apoio técnico do grupo promotor de Galicia Destino Activo, conformado pola Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo (AGETAN), a operadora de turismo CN Travel, o grupo Caldaria e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI).
Carmen Fernández García
Prensa Clúster Turismo de Galicia
652.122.388