Aviso legal e Política de Privacidade

Política de privacidade

Pode acceder á política de privacidade do Clúster Turismo de Galicia na seguinte ligazón http://clusterturismogalicia.com/privacidad/

Ao acceder ao noso Sitio web e utilizar os nosos servizos, vostede recoñece que leu e comprendeu a presente Política de privacidade, así como as prácticas de recompilación e tratamento da información que se describen nela.

É posible que se efectúen cambios periodicamente na presente Política de privacidade; polo que lle recomendamos que a revise con regularidade para manterse informado de calquera actualización.

Información Legal

Esta páxina pertence á Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG), con NIF G70377338, e domicilio no Edificio Centro Emprendimento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n. 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), inscrita co número 2013/017785 na Sección 1 do Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia, promotora do produto turístico Galicia Destino Activo.

Para poñerse en contacto coa nosa entidade pode enviarnos un correo electrónico a info@galiciadestinoactivo.com
TLF: 0034692727453

Protección de Datos

Calquera información persoal que nos poida facilitar durante o uso do presente sitio web será tratada conforme a nosa Política de Privacidade.

De conformidade co establecido na la LEI ORGÁNICA 15/1999, DO 13 DE DECEMBRO, DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL (LOPD), infórmase ao interesado de que os datos que proporcione se incorporan ao ficheiro automatizado propiedade de CTG, denominado ficheiro de CONTACTOS. Ao enviar os seus datos persoais, autoriza a utilización dos mesmos para que o CTG poida mantelo informado no futuro sobre a organización de determinados eventos, xornadas e proxectos que puideran resultar do seu interese.

En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos de contacto mencionados na información legal.

Uso Aceptable

O Usuario comprométese a facer un uso deste sitio web de conformidade co presente Aviso Legal e a non desenvolver actividades contrarias ás leis, á moral ou á orde pública.

Ligazóns a outros sitios web

CTG non se responsabiliza da información contida en páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do presente sitio web, xa que a función destas é informar ao Usuario sobre a existencia de outras fontes de información sobre a materia en Internet, nas que poderá ampliar os datos ofrecidos nesta web e, en ningún caso, supoñen suxestión, invitación nin recomendación sobre os mesmos.

Política de Cookies

Cando visita esta web instalamos no seu ordenador ou dispositivo móbil uns pequenos ficheiros chamados cookies.

Que son as cookies?

As cookies permiten que o sitio web lembre os seus movementos e preferencias durante un tempo, de maneira que non os teña que volver indicar cada vez que o visite ou navegue polas súas páxinas.

Como utilizamos as cookies?

As nosas páxinas utilizan cookies propias ou de terceiros para lembrar as súas preferencias de idioma e de sesión, que quedan almacenadas no seu ordenador mentres non as borre ou ata que expiren.

Para executar as principais funcións do sitio non é imprescindible que as acepte, pero se o fai facilitaráselle a navegación. De todos os xeitos, sempre as pode borrar ou bloquear en calquera momento.

Datos persoais

A información transmitida polas cookies non se utiliza para a súa identificación persoal e os datos rexistrados sobre os seus patróns de navegación consérvanse en condicións de máxima seguridade. Estas cookies non se utilizan para outros fins que os indicados.

Como controlar as cookies

Vostede pode controlar ou borrar as cookies sempre que o desexe. Pode eliminar todas as cookies do seu ordenador. A maioría dos navegadores tamén se poden configurar para que as deixen de aceptar, pero teña presente que, se o fai, pode ter que configurar manualmente algunhas preferencias cada vez que visite unha web e algúns servizos poden deixar de funcionar.

Para aceptar as cookies desta web só ten que facer clic na ligazón correspondente: Acepto. Se non, simplemente peche a páxina web.