Vive o poderdas rochas

Brindámosche a oportunidade de gozar pola túa conta das espectaculares panorámicas galegas nunha camper de altas prestacións. Nesta viaxe de 5 días descubrirás dúas das zonas máis inexploradas de Galicia: a Serra do Courel e a comarca de Valdeorras. Ambas recollen a esencia da natureza galega. Descobre, a través da xeoloxía, a zona sur de Lugo e a zona oriental ourensá. Guiarémoste no Xeoparque Mundial da Unesco “Courel Mountains” e darémosche unha nova visión da comarca de Valdeorras que, a pesar de destacar polos seus estupendos caldos con Denominación de Orixe Protexida, os seus recursos xeolóxicos deixaranche sen palabras.